Friday 19 de April de 2024

Cambre inicia as obras de mellora de saneamento na rúa Curros Enríquez, no Temple, e Sobrecarreira, en Sigrás


Comezaron as obras de saneamento na rúa Curros Enríquez (O Graxal) y Sobrecarreira, actuación, incluída no Plan provincial de cooperación ás obras e servizos de competencia municipal (Plan único de concellos) “POS+ 2017.

A rede de saneamento da rúa rúa Curros Enríquez ten unha antigüidade de mais de trinta anos. Durante os últimos anos producíronse numerosas incidencias de atascos e acumulación de residuos. Ademais, ao ser unha rede de formigón, sospéitase que polas xuntas poden producir filtracións ao terreo o que leva unha deterioración ambiental do chan e de posibles acuíferos subterráneos existentes.

O Concello en vista da situación propuxo a substitución dun tramo aproximado de 175 metros de lonxitude de rede de saneamento, para emendar numerosas incidencias anteriormente mencionadas, por tubaxe de PVC de diámetro 400 mm. Doutra banda, na zona de Sobrecarreira – Sigras de Arriba existe problemas na rede de pluviais, sendo ademais un camiño estreito polo que, para mellorar a seguridade, procedeuse ao entubado nun tramo duns 150 metros con tubaxe de PVC de diámetro 400mm, pavimentando posteriormente o camiño na súa lonxitude total uns 650 metros.